Novas en MercaNasPontes.com
OS COMERCIOS AGASALLARÁN AOS SEUS CLIENTES A CELEBRACIÓN DO SAN VALENTÍN
10/02/2015 10:31:00
Os comercios ponteses comezan as súas actividades de promoción para o presente ano potenciando as compras de San Valentín.

Entre o 10 e o 14 de febreiro os clientes que realicen compra nalgún dos establecementos participantes, identificados co cartel anunciador da campaña, recibirán un boleto para participar no sorteo de cinco ceas para dúas persoas no restaurante O Xantar.

Este boleto deberá cubrirse correctamente cos datos e depositalo en calquera das urnas que terán a disposición nos comercios adheridos. O día 16 de febreiro, realizarase un sorteo de entre todos os boletos recollidos, no local da asociación de empresarios e comerciantes e os agraciados deberán recoller o documento acreditativo para presentar no establecemento.

Establecementos participantes: Xoiería Bicos, Zokos, Texas, Opticalia Callao, Deko Logas, Calzados Pajón, Librería Xandra, Nodo Dixital, Deportes Lecar712, Xoiería Carballeira, Ramil Home, Óptica Baamonde, Azalea Zapatería, Bau Bau Boutique Infantil, Galiorient, Calzados Saavedra, Óptica Cortizas, Maxdream, 6th Avenue, Joyería Templo, Lujo, diseño y publicidad, Óptica Carmela, Kaye zapatería.
Listado | Nova Anterior | Nova Seguinte
err