Novas en MercaNasPontes.com
A CAMPAÑA MERCA NAS PONTES ESTIMULA A FIDELIDADE DO CLIENTE
11/12/2014 11:27:20
Os establecementos adheridos á campaña repartirán 3.000 euros entre os seus clientes.

Unha nova edición da campaña “Merca nas Pontes” promovida pola asociación de empresarios e comerciantes deu comezo o pasado 9 de decembro e estará vixente ata o 9 de xaneiro.

Nunhas datas na que o consumo se incrementa, establecementos de todo tipo agrúpanse baixo esta promoción comercial para recompensar a fidelidade do cliente sorteando tres premios de mil euros.

Así, o cliente que realice compra ou gasto nalgún dos establecementos adheridos, identificados polo cartel anunciador, recibirá gratuitamente rifas para participar no sorteo do 10 de xaneiro e conseguir algún dos substanciosos agasallos. O sorteo que se celebrará ao rematar a campaña navideña de seguro fará ilusión aos tres gañadores que posúan as papeletas cos números extraídos.

Ademais, como apoio ás compras do nadal os establecementos abrirán os sábados pola tarde durante o período da campaña o que facilitará mercar sen presas de última hora.
Listado | Nova Anterior | Nova Seguinte
err