Benvid@ a mercanaspontes.com

Confiamos en que pases un rato agradable visitando a nosa tenda. Nela atoparás a maior oferta de artigos de todo o comercio local agrupado nun só punto de Internet.


Os nosos productos

Nos productos que che propoñemos poderás atopar toda a información que precisas para poder elixir con total tranquilidade e liberdade.

1.- Atopa o que buscas.
En mercanaspontes.com queremos axudarche a atopar o que buscas, para elo propoñémosche varios servicios de búsqueda:
- Búsqueda Rápida: é o método máis sinxelo para atopar o que buscas. Escribe no recadro a palabra do producto ou unha palabra asociada ao producto que buscas. Podes realizar unha búsqueda xenérica sobre a totalidade dos productos ou sobre unha familia de productos concreta. O resultado aparecerá na pantalla ordeado polo tipo de producto.
- Búsqueda por comercio: Desplega a fiestra da búsqueda por comercio e atoparás tódolos comercios presentes na nosa tenda. Selecciona o comercio desexado e obterás unha lista de tódo-los productos dese comercio en mercanaspontes.com.

2.- Rexístrate ou identifícate como cliente
- Podes rexistrarte como cliente nun primeiro momento dende A TÚA CONTA e así poder navegar e realiza-los teus pedidos con total normalidade.
Ademáis e se así o desexas poderás recibir no teu e-mail todas as nosas comunicacións referentes a novidades ou novos servicios. En cada visita deberás identificarte como cliente e iniciar a sesión para poder introducir artigos na túa cesta. mercanaspontes.com só utilizará os teus datos persoais para identificarte como cliente.

3.- Como selecciona-lo producto.
- Unha vez navegues polas categorías que che ofrecemos e chegues o producto desexado, só terás que pulsar sobre a foto do producto para desplegar a súa ficha e atopar unha breve descrición e datos referentes ao prezo con IVE incluído. A continuación poderás inclui-lo artigo seleccionado na túa cesta da compra. Algúns comercios, por facilidade en pedidos ou encargos dispoñen na páxina do producto información de como facer un encargo (teléfono, email...)
- Durante o proceso poderás modificar o contido da cesta, modificando artigos e cantidade, introducindo novos ou simplemente deixalos pendentes para unha compra posterior.
- Para eliminar un ou varios artigos deberás marca-la casilla e pulsando actualizar actualizarase o importe da compra.
- Para modifica-la cantidade bastará con que introduzas a nova cantidade e pulsando modificar actualizarase o importe da túa compra.
- Para engadir un novo producto á cesta, despois de ter introducido artigos na túa cesta, podes pulsar seguir mercando e volverás á páxina principal para iniciar de novo o proceso.

4.- Elixir un enderezo
- Unha vez introducidos os artigos desexados na cesta deberás confirma-la compra.
Seguidamente aparecerán na pantalla dous espacios para introduci-lo enderezo de facturación e o enderezo de entrega. Estos dous enderezos serán diferentes se desexas, por exemplo, enviar un presente. Neste caso introducirás como enderezo de entrega aquela onde desexes que enviemos a túa compra e como dirección de facturación seleccionarás aquela á que queiras que enviemos por correo a factura.
- Tomaremos por defecto a información de entrega e facturación que indicaras na túa Conta de usuario no momento de rexistrarte. Non obstante ? realizar cada unha das túas compras pediráseche confirmación dos enderezos tomados por defecto. Se fora preciso, podes modificalas no acto.

5.- Método de entrega e prazos de Envío.
Unha vez confirmado o enderezo de entrega e/ou facturación proseguimos co proceso elixindo o método de entrega.

Unha fez finalizado o pedido, envíase a cada comercio un email con información dos productos que seleccionaches dese comercio. Dentro de cada comercio poderás engadir un comentario para propoñerlles que tipo de compra queres facer (reserva, compra final...)

Cando o comercio reciba o e-mail estudiar? cada caso e porase en contacto co cliente para explicarlle os métodos de compra que se poden facer.

NOTA: O prezo do pedido pode variar en función da dispoñibilidade do producto ou en caso de que o comercio non definira na web un prezo final. Isto seralle notificado unha vez que o comercio se poña en contacto contigo para finalizar o pedido.