No ano 2002, un grupo de veciños das Pontes (A Coruña) fundou a Asociación Informática Amigus. Dende ese momento comenzouse dende a asociación a fomenta-lo uso das novas tecnoloxías, dende o punto de vista usuario. Pouco a pouco vendo as inquedanzas dos socios, decidimos abrir a nosa web, onde cada un podiamos aportar o noso grao de area para ter un sitio en común de comunicaciún cos socios e non socios.

Despois de máis de dous anos de vida da web amigus.org, e analizando as necesidades que víamos no noso pobo de cara á web, decidimos empezar a desenvolver un portal para fomenta-lo comercio da nosa cidade.

Tras máis de 4 meses de estudio de posibilidades e necesidades, en xullo de 2005 empezamos a desenvolver o que é agora mercanaspontes.com.

Paralelamente desenvolveuse un estudio de hábitos de consumo e compra nas Pontes, onde descubrimos a viabilidade do proxecto, a implantación das novas tecnoloxías no noso pobo, así como a disposición dos veciños a realizar compras e pedidos aos comercios coñecidos a traveso de Internet.

Despois de moitos meses de traballo, noites sen durmir, xuntanzas, e todo elo compaxinándoo coas obrigas que cada un de nos temos, puxemos en marcha esta nova web, que esperamos que vos sexa de moita utilidade e vos facilite a realiza-las vosas compras no noso querido pobo.

Dende a Asociación queremos da-las grazas a tódolos socios, a tódalas persoas que nos apoiaron dende o primeiro día e aos comercios que decidiron participar dende o primeiro momento.